advanced search

BEST SELLER

PRESALES

PU38. O MANIFESTO COMUNISTA E OUTROS ESCRITOS POLITICOS

PU38. O MANIFESTO COMUNISTA E OUTROS ESCRITOS POLITICOS

MARX,KARL

Publisher:
UNIV.SANTIAGO
Matter
CIENCIAS POLITICAS
Collection:
CLASICOS DO PENSAMENTO UNIVERSAL
ISBN:
978-84-18445-29-3
EAN:
978841844529
pages nº:
436
15,00

Bibliographical reference

Os catro textos que recompila esta antoloxía dos escritos políticos de Marx -O manifesto comunista. As loitas de clases en Francia de 1848 a 1850. O 18 de Brumario de Luís Bonaparte e A guerra Civil en Francia- resultan debedores de moi diversas conxunturas históricas, motivacións políticas, xéneros de escrita e horizontes de recepción, ao fío dun amplo e ateigado período histórico que vai de 1848 a 1871. Constitúen o resultado de circunstancias, eventos e procesos de varia índole que se co-implican naquela altura na axitada traxectoria biográfica de Karl Marx. En primeiro lugar, a constante evolución do seu propio pensamento. En segundo lugar, os desaxustes, cada vez máis evidentes, entre a súa primeira versión materialista da historia e a irredutible autonomía do político. En terceiro lugar, a afervoada militancia política do autor no movemento obreiro da época, pois resulta decisivo para unha cabal comprensíon destes textos lembrarmos que Marx non foi un académico senón un intelectual revolucionario, polo que cómpre interpretar a súa obra ao fío da súa implicación orgánica, das mobilizacións e os debates conxunturais das diversas organizacións nas que estivo implicado. Estes escritos políticos son, ao cabo, o reflexo das derrotas políticas do movemento obreiro e das revolucións europeas de 1848; do fracaso sen paliativos dos republicanos, demócratas e socialistas en Francia, que daría lugar ao establecemento do segundo Imperio e, por último, do fracaso e represión da mítica revolta da Comuna de París na primaveira de 1871. A versión galega dalgúns dos textos máis influíntes do autor e da historia do pensamento político.

other books