busca avanzada

MAIS VENDIDOS

PREVENTAS

Condicións de venda

Condicións xerais de venda

1- ENVÍOS: Portes gratis en envíos rexionais a partir de 120 € netos e para o resto da península a partir de 160 € netos.

2-VENDAS EN FIRME: Todas as vendas se consideran en firme, agás novidades e depósitos.

3-DEVOLUCIÓNS: Non se aceptarán devolucións das vendas realizadas en firme. En casos excepcionais, sempre con autorización do comercial da sua zona e cando sexan libros comprados nos 2 últimos anos, se estudaría a posibilidade do seu abono e posterior canxe.

4- NOVIDADES: O servizo de novidades poderase devolver íntegro, pero sempre dentro dun prazo inferior a 1 ano a partir da data do albará.

5- LIBROS DE TEXTO:

5.1- PAGOS: Para os clientes de crédito as facturas dos pedidos servidos ata o 15 de agosto terán vencemento o 15 de setembro. A partir desta data o vencimento será a 30 días data factura.

5.2- DEVOLUCIONS: A porcentaxe de devolución será dun 12% do facturado dende o 15 de Xuño ata o 15 de Outubro. Os clientes de contado poderán canxear este importe por libros de fondo xeral. As devolucións deberán chegar acompañadas dunha relación dos libros a portes pagados e perfectamente embaladas de forma que non ofrezan dúbidad sobre o número de paquetes e a identidade do remitente. A data tope de admisión de devolucións será o 15 de outubro. Agradeceriámoslles adianten na medida do posible a súa devolución, co fin de evitar problemas de última hora.

5.3- ADMISIÓN DE LIBROS: Só aboaremos aqueles libros que fosen servidos na campaña, sempre que non superen o 12% do total de compras e que estean en perfectas condicións para a súa posterior venda. En ningún caso se recollerán libros deteriorados (marcados co prezo, pintados, forrados, etiquetados, etc.)

6- RECLAMACIONES: O prazo máximo para facer calquera tipo de reclamación sobre a mercadoría enviada é de dez días a partir da recepción desta e sobre os abonos é de 6 meses a partir da data da factura